Como bos vigueses e viguesas, we are very proud of our city (estamos moi orgullosos da nosa cidade!) e aquí podedes ver algún dos motivos representados nas clases de Arts, coa axuda da teacher Paula e da teacher Eli:
luns, 15 de maio de 2017
A zarzuela
Nas aulas de Música de 6º estivemos traballando un xénero musical ligado ao teatro e con orixe no noso país: a zarzuela. Se queredes saber un pouquiño máis do tema, só tedes que pasarvos polo hall da planta superior ou ollar no blogue os traballos que aquí vos deixamos:
E para que vexades que tódolos xéneros se poden adaptar aos tempos modernos, ollade a JORCAM (Joven Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid) e a súa actualizada proposta dun espectáculo de zarzuela creado no 2015; moi interesante!

Como falan os animais?
Tiñamos pendente amosarvos un traballo que fixemos no Taller de Estimulación da Linguaxe levado a cabo pola profe Celia na aula de 3 anos. Quen quere xogar?
E, por se queredes continuar, aquí vos deixamos un enlace dun xogo online relacionado co tema:
venres, 21 de abril de 2017
Saída ao Cine
Este xoves os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos o Auditorio do Concello de Vigo para desfrutar dunha sesión de cine en galego, ofrecida de xeito gratuito polo Servizo de Normalización Lingüística. Tristemente, son escasas as ocasións nas que podemos ver proxeccións en galego, así que, foi toda unha honra aproveitar esta oportunidade e agardamos que sexa a primeira de moitas.
Os nenos e nenas pasárono moi ben e estiveron moi atentos e atentas. A verdade é que foi toda unha sorpresa velos tan entretidos durante toda a sesión!
A película titulábase A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol, aquí podedes ver o tráiler:
E que sorte tivemos... chegamos para as primeiras filas! Aquí estabamos agardando a que se enchera o Auditorio:
Pistoletazo de saída con sorpresa incluída... un tal Abel veunos dar a benvida!
Agora sí, xa podiamos voltar contentos e contentas 😊
Só que agora... queremos máis! 🎥
Os nenos e nenas pasárono moi ben e estiveron moi atentos e atentas. A verdade é que foi toda unha sorpresa velos tan entretidos durante toda a sesión!
A película titulábase A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol, aquí podedes ver o tráiler:
E que sorte tivemos... chegamos para as primeiras filas! Aquí estabamos agardando a que se enchera o Auditorio:
Pistoletazo de saída con sorpresa incluída... un tal Abel veunos dar a benvida!
Pero nós o que queriamos era que a peli comezase...
Só que agora... queremos máis! 🎥