venres, 10 de febreiro de 2017

A cara feminina da música.

Dentro do programa "Música na Escola", impulsado pola concellería de Educación de Vigo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º poideron disfrutar hai unhas semanas dun concerto didáctico no Auditorio Mar de Vigo.

Coa temática "A cara feminina da música", a Escola Municipal de Música amosou o seu bo facer con diversas formacións instrumentais coas que transmitiron aos nenos e nenas o valor da obra musical de varias compositoras e intérpretes de diferentes épocas da historia: Barbara Strozzi (compositora e cantante soprano italiana do s. XVII), Clara Schumann (pianista e compositora alemana do s. XIX), Billie Holyday (unha das máis grandes voces do jazz estadounidense, do s. XX); e, como figuras máis actuais: Sinead O´Connor (cantante e compositora irlandesa), Amy Winehouse (cantante inglesa de soul) e Mercedes Peón (cantante e instrumentista galega).





Trala sesión musical, levouse a cabo na aula un traballo de reflexión que quedou plasmado nun mural común no que cada alumno e alumna compartiron os seus gustos e preferencias. Como veredes, na variedade está o gusto!






E para rematar, que mellor que un pouco de música? Deixámosvos na nosa canle de Youtube unha lista de reprodución con obras das artistas interpretadas no concerto. Desfrutádea!👌


Compartir:

Tales in Arts

Novas creacións en Arts! Desta vez, os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB elixiron os seus contos favoritos e escolleron o material para realizar as súas obras: water colors, plasticine and wax crayons.

Seguro que adiviñades os personaxes!







Compartir:

sábado, 4 de febreiro de 2017

Día da Paz 2017

Sesións musicais na biblioteca da man do profe Bruno, mans unidas nos corredores do cole a través dos bonecos e bonecas que decoramos, murais cheos de mensaxes cargadas de PAZ no hall de 5º e 6º, paraugas que esquivan a violencia, bailes que unen corazóns... Unha celebración coma esta, ben merece unha xuntanza do cole a nivel interclase! Agardamos que a todo o mundo chegue a nosa mensaxe de PAZ☮



O noso especial agradecemento ao Equipo de Biblioteca do centro e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares pola organización desta Semana da Paz. Bo traballo!





Compartir: