xoves, 14 de novembro de 2019

Obradoiro "EcoPercusión"

O alumnado de sexto de Primaria asistiu a un obradoiro de percusión con instrumentos feitos de materiais reciclados e produtos de refugallo, como cubos de plástico, bidóns de plástico e baquetas de madeira. Este taller foi impartido por Didier Díaz Madan, instrumentista de percusión profesional cunha longa experiencia na formación en percusión. A ecopercusión é unha ferramenta socioeducativa que permite traballar a creatividade e aprender unha serie de ritmos como pode ser a batucada (un ritmo brasileiro de influencias africanas) ou outros moi diversos.













Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario