sábado, 16 de novembro de 2019

Vigo Recicla co Dinoseto

Esta semana os alunmos/as de 3º e 4º de primaria recibimos a visita do Dinoseto e do
Dinosetiño, os cales nos ensinaron a importancia da reciclaxe. Ademais , tamén nos deron uns agasallos moi fermosos. Moitas grazas pola visita!!

Compartir:

xoves, 14 de novembro de 2019

Obradoiro "EcoPercusión"

O alumnado de sexto de Primaria asistiu a un obradoiro de percusión con instrumentos feitos de materiais reciclados e produtos de refugallo, como cubos de plástico, bidóns de plástico e baquetas de madeira. Este taller foi impartido por Didier Díaz Madan, instrumentista de percusión profesional cunha longa experiencia na formación en percusión. A ecopercusión é unha ferramenta socioeducativa que permite traballar a creatividade e aprender unha serie de ritmos como pode ser a batucada (un ritmo brasileiro de influencias africanas) ou outros moi diversos.













Compartir: