domingo, 28 de maio de 2017

Pentominós e papiroflexia

"Pentominós"... E iso que é?! Se non sabedes de qué falamos, non vos preocupedes, sabemos que pode ser un concepto descoñecido para moitos de nós, mais aquí temos a Adrián, un alumno de 5º de Primaria, para axudarnos a despexar dúbidas.


Na súa aula aproveitaron os talleres de papiroflexia para pasar un bo rato con este curioso crebacabezas, non perdades detalle:


Interesante, verdade? Pois agora a practicar! Aquí vos deixamos un xogo para poñervos a proba:


E para quen queira continuar a súa aprendizaxe...

Compartir:

Horta escolar

Os rapaces de 1º A aproveitaron un proxecto que están a facer na clase que leva como título “As plantas” para facer a plantación na horta do colexio de leitugas e perexil. 

Eles son os que regan a diario e esperamos que antes das vacacións de verán poidamos levar para a casa a nosa colleita!


Son uns auténticos agricultores!





Compartir:

xoves, 18 de maio de 2017

luns, 15 de maio de 2017

Día do Libro 2017

O pasado 23 de abril celebramos no cole un dos nosos días favoritos, seguro que xa sabedes cal é...📖 O Equipo de Biblioteca do centro puxo todo o seu empeño para que todo saíse perfecto, e, así foi! Grazas á súa labor, e á colaboración dos titores e titoras, disfrutamos de toda unha semana arredor de contos, poesías, lendas, historietas...

Todo comezou cun mural común no hall da Biblioteca:




E isto acompañouse duns patios enriquecidos con contos e máis contos...



















As e os axudantes de Infantil tamén disfrutaron dunha doce volta aos contos... 😉




Por suposto, tamén acompañamos a semana dunhas sesións de contacontos ben familiares (Moitas gracias a esas mamis que se animaron!👏👏)








Tamén aproveitamos a ocasión para entregar os premios aos gañadores e gañadoras do certame de Poesía:



Pero, sen dúbida, o momento estrela de toda esta festividade agardábanos o xoves á volta do recreo, cando poidemos saír ao patio cos nosos padriños e madriñas lectoras 😍
(*Se non vos arranca o vídeo, pinchade no título do mesmo para abrir o enlace)

Compartir:

Amigo invisible (e literario) en 1ºB

Neste pasado Día do Libro os alumnos e alumnas de 1ºB non quixeron perder a oportunidade de compartir algunhas das súas lecturas favoritas e, así, decidiron celebrar esta data organizando un "Amigo Invisible" no que cada un/ unha agasallou e foi agasallado/ agasallada cun conto. Unha fantástica idea equipo!👌








Compartir: