Un
ano máis na aula de primeiro de primaria utilizamos todos os recursos que temos
ao noso alcance para traballar as matemáticas, a lectura e a escritura.
Intentamos
que o noso alumnado adquira os conceptos propios deste curso, pero sobre todo,
que aprendan que estas materias son moi importantes no noso desenvolvemento, e que se teñen gañas de aprender e senten ilusión pola lectura , por
expresarse e comunicarse, por descubrir o mundo que lles rodea, terán unha sólida
base para a súa vida.
Agora
vos deixamos algunhas das fotos do noso traballo no anterior trimestre.
En
matemáticas traballamos os números, as decenas e as unidades, a descomposición
de números e as sumas e as restas.
Nas
linguas traballamos a lectura coas familias e levamos un rexistro daqueles
libros que son os seus preferidos, falamos dos autores e de que nos parecen
eses contos.
Temos
un mural co abecedario e os alumnos/as escriben as súas palabras.
Temos
os nosos globos con aquelas palabras que nos resultan complexas para escribir.
Todos
os mércores, na hora de ler escribimos textos que despois podemos ler aos
compañeiros/as. Cada mes tratamos un texto distinto. Empezamos polas noticias
que lles puideron acontecer e continuamos polas cartas. Temos unha estupenda “
escola de escritores”.
0 comentarios:
Publicar un comentario