xoves, 30 de novembro de 2017

Día dos Músicos e das Músicas

A pasada semana, o día 22 de novembro, día de Santa Icía, quixemos celebrar cos nenos e nenas de Primaria e Infantil o DÍA DOS MÚSICOS E DAS MÚSICAS. Para iso, os nenos e nenas de 3º visitaron as aulas de Infantil, para facerlles aos máis cativos e cativas un regalo musical.



Un público do máis atento!




O que non sabían os maiores é que ese regalo ía ser correspondido:




Moitas grazas a tódol@s pequen@s músic@s que habitan o noso cole 😏
Compartir:

mércores, 29 de novembro de 2017

Mostra de Música Tradicional con PELEPAU

Por fin estamos de volta familias!!! Tardamos en reaparecer por estes lares, mais queremos facelo por todo o alto traéndovos un vídeo dunha das nosas primeiras festas deste novo curso.

Foi alá polo mes de outubro cando algún dos membros do grupo vigués PELEPAU viñeron amosarnos de que ía iso da música tradicional. E gustounos! Vaia se nos gustou... encantounos!

E, sabedes que?, que para aqueles e aquelas que desexan continuar aprendendo e trouleando, temos unha actividade no colexio tódolos sábados - xestionada pola nosa incombustible ANPA- na que estaremos encantados de recibir a nenos e nenas, avós e avoas, pais e nais, primos e primas, veciños e veciñas, padriños e madriñas, amigos e amigas... se nos poñemos ata lle ensinamos ao can a tocar a pandeireta! A ver qué... vides troulear ao Coutada??? 😎🎶




Compartir: