Xa logo chega o Nadal e así as vacacións e a fin de ano. Aquí vos deixamos coas fotos de adornos de Nadal que se levan facendo todos estos días e que mostramos nos corredores e nas aulas do noso centro.
Os neno@s de infantil recibiron para a súa aula uns agasallos dos reis e papá noel, pois no Nadal van estar na casa...prometen portarse ben, coidar os xoguetes e disfrutalos!!!
Con motivo da celebración do Día da Paz (30 de xaneiro) o alumnado do centro realizou os seguintes carteis con lemas para promover unha boa convivencia, tanto dentro do centro escolar como fóra. Esperamos que vos gusten.
Neste pasado Día do Libro os alumnos e alumnas de 1ºB non quixeron perder a oportunidade de compartir algunhas das súas lecturas favoritas e, así, decidiron celebrar esta data organizando un "Amigo Invisible" no que cada un/ unha agasallou e foi agasallado/ agasallada cun conto. Unha fantástica idea equipo!👌
Por fin podemos amosarvos un resumo do que foi este Entroido 2017, a desfrutalo!
Moitas grazas a tódalas familias pola colaboración na elaboración dos disfraces 😊 Ah! E, dende aquí, unha mención especial para esa ANPA que mola mazo e, ademais de ocuparse do reparto de chocolate e das orellas, se marcou un meco ben actual e orixinal, noraboa! 👌
*Sabemos que é un vídeo longo, mais para que todos e todas tivesen o seu momento non poidemos reducilo máis. As aulas aparecen dende Educación Infantil ata 6º por orde (tanto nas saídas, como nas actuacións), por se queredes buscar o momento que máis vos interesa 😉
Hello everyone! Are you ready to celebrate St Patrick´s Day? 🍀Hoxe no cole non faltamos á nosa cita coa celebración irlandesa máis internacional. As clases de English xiraron nesta xornada arredor desta festividade, e aquí tedes boa proba do acontecido, cos alumnos e alumnas de 5 anos posando para a ocasión:
Why is green the national color in Ireland?
O turno de 2º de Primaria (á espera de recibir as imaxes):
E para os/as que tedes curiosidade, aquí vos deixamos un vídeo para coñecer algo máis da historia desta celebración, iso sí, teredes que poñer a proba o voso inglés. Bueno, vale... deixámosvos activar os subtítulos (podedes facelo pinchando no botón cadrado de subtítulos baixo a liña de reprodución do vídeo, e, despois, na roda de configuración para seleccionar: subtítulos> tradución automática> español).
And now, let´s play:
What is the name of a famous lighthouse that today is illuminated in green?
Clue: It is located in the beautiful city of A Coruña 😉