venres, 25 de xaneiro de 2019

xoves, 24 de xaneiro de 2019

martes, 8 de xaneiro de 2019

Traballando as mates e as linguas en 1º


Un ano máis na aula de primeiro de primaria utilizamos todos os recursos que temos ao noso alcance para traballar as matemáticas, a lectura e a escritura.
Intentamos que o noso alumnado adquira os conceptos propios deste curso, pero sobre todo, que aprendan que estas materias son moi importantes no noso desenvolvemento,  e que se teñen  gañas de aprender  e senten ilusión pola lectura , por expresarse e comunicarse, por descubrir o mundo que lles rodea, terán unha sólida base para a súa vida.
Agora vos deixamos algunhas das fotos do noso traballo no anterior trimestre.
En matemáticas traballamos os números, as decenas e as unidades, a descomposición de números e as sumas e as restas.











Nas linguas traballamos a lectura coas familias e levamos un rexistro daqueles libros que son os seus preferidos, falamos dos autores e de que nos parecen eses contos.
Temos un mural co abecedario e os alumnos/as escriben as súas palabras.
Temos os nosos globos con aquelas palabras que nos resultan complexas para escribir.
Todos os mércores, na hora de ler escribimos textos que despois podemos ler aos compañeiros/as. Cada mes tratamos un texto distinto. Empezamos polas noticias que lles puideron acontecer e continuamos polas cartas. Temos unha estupenda “ escola de escritores”.








Compartir: