Para que un NON sempre sexa NON. Na celebración do día internacional contra a violencia de xénero o Ceip Coutada Beade leeu un manifesto e cantou e bailou coa canción de Rozalén "La puerta violeta". Ao longo da semana tamén se realizaron charlas para concienciar aos nenos sobre esa temática.
luns, 26 de novembro de 2018
Visita aos museos científicos da Coruña
Este mes as clases de 5º e 6º foron de viaxe á Coruña aproveitando que foi a semana das ciencias para visitar os museos científicos da Coruña. Nesta excursión visitaron aos tres museos: Casa dos peixes, Domus e Casa das ciencias.
xoves, 8 de novembro de 2018
Degustación produtos de outono
Na clase de tres anos fixeron unha degustación de produtos de outono como kiwis, noces, laranxas...
Os nenos e nenas de 4 anos degustaron "fritas" e produtos típicos do outono como kakis, abelás, noces. améndoas, granadas e mel...
Exposición "Terras de Salitre"
Os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria estiveron na Fundación vendo a exposición Terras de Salitre. Recibiron información sobre a contaminación do noso planeta e a forma de axudar a evitala desde pequenos. Tamén fixeron uns murais moi bonitos de fondos mariños.