venres, 25 de novembro de 2016

25-N Pola Igualdade

Encántannos as propostas nas que a profunda mensaxe nos implica a todas e todos por igual. Non podiamos deixar de celebrar este día contra a Violencia de Xénero e, por iso, dende a Biblioteca do centro estivéronse ofrecendo durante toda a semana sesións de contos e audiovisuais relacionados co tema para falar coas nenas e nenos do que consideramos un dos maiores problemas da nosa sociedade.





























 
Ademais,  cada un e unha de nós deixou a súa pegada cunha mensaxe ben clara... Agardamos nos axudedes a difundila✋

 












Dádelle ao play para ver un resumo do noso 25-N:



Aquí podedes atopar algúns dos enlaces que utilizamos para que poidades velos e aproveitalos, pois, como todas e todos sabemos, este é un traballo que debe continuar no fogar. 

CONTOS TRABALLADOS EN INFANTIL:


 



PROXECCIÓNS TRABALLADAS EN DIFERENTES NIVEIS DE PRIMARIA:  







Compartir:

sábado, 19 de novembro de 2016

Excursión 5º e 6º A Coruña

E, despois de algo máis dunha semana, xa podemos amosarvos gráficamente como foi a nosa visita aos principais museos científicos da Coruña: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.




Dende logo, unha viaxe do máis interesante na que descubrimos un montón de cousas e que, sen dúbida, máis dun ou dunha quererán repetir. Por se vos interesase, deixámosvos o enlace á súa páxina: 

http://mc2coruna.org/gl/


Aconsellable para tódalas idades! 😉

Compartir:

venres, 18 de novembro de 2016

Os medos de Infantil

Nas aulas de Infantil estivemos levando a cabo un pequeno proxecto sobre os medos. Aquí vos deixamos cunha mostra do mural correspondente. Nel podedes ver como os nenos e as nenas de 5 anos debuxaron as súas personaxes terroríficas. Na aula de 4 anos aprendemos a converter en monstros manchas baleiras, trazadas en negro sobre un folio en branco. Os nenos e as nenas de 3 anos decantáronse por uns aleteos ao ritmo dos morcegos 😊












Aquí podedes ver como na clase de 3 anos andiveron a conxurar -docemente- para borrar todos eses medos que nos paralizan:






Tamén vos deixamos coas reflexións da aula de 4 anos arredor dos MONSTROS, tema no que decidimos afondar trala lectura dun dos nosos contos favoritos Onde viven os monstros, do xenio Maurice Sendak (moitas grazas a Isa por deixárnolo tantos días!😗)


Os monstros- 1ª sesión na aula de 4 anos from Fanaiah

E, como o tema deu moito de sí, tras buscar recursos na Internet, estamos en proceso de elaboración dun divertidísimo xogo co que, ademais de pasar un bo rato, afianzaremos o coñecemento dos números. Cando o teñamos rematado, amosarémolo na revista e, se vos portades ben, poida que ata vos deixemos xogar! 😀 Aquí un adianto do proceso...



Deixámosvos agora cun vídeo animado do conto que o provocou todo, desfrutádeo:






Compartir: