sábado, 5 de novembro de 2016

Contos solidarios con Bea Campos e Davide González

Este venres, as nenas e nenos de Infantil pasámolo en grande no colexio. Ademais de celebrar o Samaín, a primeira hora da mañá recibimos, cos brazos e as orellas ben abertas, á nosa benquerida Bea Campos e ao inigualable Davide González, que viñeron a contarnos unhas fermosas historias grazas á nosa participación no Programa Impórtanos.

Trátase dunha iniciativa promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, un órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Política Social. 

Aquí vos deixamos o enlace á súa páxina para que poidades coñecer máis a fondo o proxecto: http://www.importanos.org/anosapegada/

E aquí vos deixamos cuns pedaciños de maxia recén exprimidos a esta mañá de venres:




Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario