venres, 18 de novembro de 2016

Os medos de Infantil

Nas aulas de Infantil estivemos levando a cabo un pequeno proxecto sobre os medos. Aquí vos deixamos cunha mostra do mural correspondente. Nel podedes ver como os nenos e as nenas de 5 anos debuxaron as súas personaxes terroríficas. Na aula de 4 anos aprendemos a converter en monstros manchas baleiras, trazadas en negro sobre un folio en branco. Os nenos e as nenas de 3 anos decantáronse por uns aleteos ao ritmo dos morcegos 😊












Aquí podedes ver como na clase de 3 anos andiveron a conxurar -docemente- para borrar todos eses medos que nos paralizan:






Tamén vos deixamos coas reflexións da aula de 4 anos arredor dos MONSTROS, tema no que decidimos afondar trala lectura dun dos nosos contos favoritos Onde viven os monstros, do xenio Maurice Sendak (moitas grazas a Isa por deixárnolo tantos días!😗)


Os monstros- 1ª sesión na aula de 4 anos from Fanaiah

E, como o tema deu moito de sí, tras buscar recursos na Internet, estamos en proceso de elaboración dun divertidísimo xogo co que, ademais de pasar un bo rato, afianzaremos o coñecemento dos números. Cando o teñamos rematado, amosarémolo na revista e, se vos portades ben, poida que ata vos deixemos xogar! 😀 Aquí un adianto do proceso...



Deixámosvos agora cun vídeo animado do conto que o provocou todo, desfrutádeo:






Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario