xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL, FAMILIAS!


Deixámosvos con algunhas das últimas imaxes deste ano 2016 no noso cole. Foi un día especial e diferente para todas e todos nós, un momento de encontro e convivencia que desfrutamos moito. Pintamos manteis, cantamos panxoliñas, démoslle o toque aos últimos adornos, xogamos, regalamos, regaláronnos... pasámolo pipa!

Así que, agora, só nos queda desexarvos a todos e todas vós un MOI FELIZ NADAL E MELLOR ANO NOVO. Vémonos á volta!



Compartir:

O Nadal na Biblioteca do Moucho

Tralo obradoiro de adornos de Nadal organizado pola Biblioteca do centro, temos que contarvos que isto de facer e recibir regalos sorpresa foi toda unha aventura!

Como xa sabedes, cada neno e cada nena aportou un rollo de cartón que procedemos a pintar ou envolver con papel de cores. Posteriormente, dobramos os cantos do mesmo para convertilo nunha caixiña e atámoslles lazos de cores cos que poder colgalos da árbore. Dentro da caixiña, cada un de nós incluíu algún dos seus mellores desexos para este Nadal e tamén algunha que outra doce sorpresiña... 

Arturo e Espe pintando os seus cartóns (e pasando un bo rato!)

Aprendendo a dobrar e atar as caixiñas coa profe Estefi.

Os de 5 anos xa rematamos!

Os nenos e nenas de 3 xa dispostos a colocar o seu regaliño.



Momento da recollida... non vale coller o noso! Qué será, será...?

3ºB

4ºB

A satisfacción do traballo ben feito... Misión cumprida!

Coa sorpresiña para a casa :)
E, se quedastes con ganas de máis, non dubidedes en visitar o blogue da Biblioteca, aquí vos deixamos o enlace:

http://bibliobeadeomoucho.blogspot.com.es/
Compartir:

mércores, 21 de decembro de 2016

Ambientando os corredores de 4º

As aulas de 4º de Primaria fannos chegar algunhas das cousiñas que estiveron traballando durante este 1º trimestre.

Aquí vos deixamos con algún detalle que adicaron nos seus corredores ao Día Universal dos Dereitos da Infancia, celebrado o pasado 20 de Novembro:



Ademais, co gallo do Samaín, na aula de 4ºB aproveitaron o seu recuncho máis terrorífico para ofrecer aos lectores e ás lectoras máis atrevidas toda a súa creatividade narrativa. Aquí algunha mostra (para coñecer máis, pasádevos polos corredores de 4º😉): 









Compartir: