venres, 21 de abril de 2017

Saída ao Cine

Este xoves os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos o Auditorio do Concello de Vigo para desfrutar dunha sesión de cine en galego, ofrecida de xeito gratuito polo Servizo de Normalización Lingüística. Tristemente, son escasas as ocasións nas que podemos ver proxeccións en galego, así que, foi toda unha honra aproveitar esta oportunidade e agardamos que sexa a primeira de moitas.

Os nenos e nenas pasárono moi ben e estiveron moi atentos e atentas. A verdade é que foi toda unha sorpresa velos tan entretidos durante toda a sesión!

A película titulábase A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol, aquí podedes ver o tráiler:



E que sorte tivemos... chegamos para as primeiras filas! Aquí estabamos agardando a que se enchera o Auditorio:

















Pistoletazo de saída con sorpresa incluída... un tal Abel veunos dar a benvida!


Pero nós o que queriamos era que a peli comezase...





Agora sí, xa podiamos voltar contentos e contentas 😊




Só que agora... queremos máis! 🎥
Compartir: