martes, 18 de decembro de 2018

Xa chegou o Nadal!

Xa logo chega o Nadal e así as vacacións e a fin de ano. Aquí vos deixamos coas fotos de adornos de Nadal que se levan facendo todos estos días e que mostramos nos corredores e nas aulas do noso centro.









Os neno@s de infantil recibiron para a súa aula uns agasallos dos reis e papá noel, pois no Nadal van estar na casa...prometen portarse ben, coidar os xoguetes e disfrutalos!!! 


Compartir:

domingo, 2 de decembro de 2018

Música tradicional galega

A música tradicional galega é un xénero musical tradicional que evolucionou oralmente e que se caracteriza polas súas formas (muiñeiras, xotas...), polos seus instrumentos (pandeiretas, gaitas...) e polas agrupacións musicais. E para mostra un botón, neste caso Laura de 6ºB canta e toca a "Xota de Grixoa", unha xota do folclore galego que acompaña coa pandeireta.


Compartir: