venres, 10 de febreiro de 2017

A cara feminina da música.

Dentro do programa "Música na Escola", impulsado pola concellería de Educación de Vigo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º poideron disfrutar hai unhas semanas dun concerto didáctico no Auditorio Mar de Vigo.

Coa temática "A cara feminina da música", a Escola Municipal de Música amosou o seu bo facer con diversas formacións instrumentais coas que transmitiron aos nenos e nenas o valor da obra musical de varias compositoras e intérpretes de diferentes épocas da historia: Barbara Strozzi (compositora e cantante soprano italiana do s. XVII), Clara Schumann (pianista e compositora alemana do s. XIX), Billie Holyday (unha das máis grandes voces do jazz estadounidense, do s. XX); e, como figuras máis actuais: Sinead O´Connor (cantante e compositora irlandesa), Amy Winehouse (cantante inglesa de soul) e Mercedes Peón (cantante e instrumentista galega).





Trala sesión musical, levouse a cabo na aula un traballo de reflexión que quedou plasmado nun mural común no que cada alumno e alumna compartiron os seus gustos e preferencias. Como veredes, na variedade está o gusto!






E para rematar, que mellor que un pouco de música? Deixámosvos na nosa canle de Youtube unha lista de reprodución con obras das artistas interpretadas no concerto. Desfrutádea!👌


Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario