xoves, 30 de novembro de 2017

mércores, 29 de novembro de 2017

Mostra de Música Tradicional con PELEPAU

Por fin estamos de volta familias!!! Tardamos en reaparecer por estes lares, mais queremos facelo por todo o alto traéndovos un vídeo dunha das nosas primeiras festas deste novo curso.

Foi alá polo mes de outubro cando algún dos membros do grupo vigués PELEPAU viñeron amosarnos de que ía iso da música tradicional. E gustounos! Vaia se nos gustou... encantounos!

E, sabedes que?, que para aqueles e aquelas que desexan continuar aprendendo e trouleando, temos unha actividade no colexio tódolos sábados - xestionada pola nosa incombustible ANPA- na que estaremos encantados de recibir a nenos e nenas, avós e avoas, pais e nais, primos e primas, veciños e veciñas, padriños e madriñas, amigos e amigas... se nos poñemos ata lle ensinamos ao can a tocar a pandeireta! A ver qué... vides troulear ao Coutada??? 😎🎶




Compartir:

mércores, 28 de xuño de 2017

Cumpreanos de verán na aula de 3 anos.



Moitas felicidades!!! AnaNoa, Afrika,  e Naiara agardamos que os vosos 4 anos veñan ben cargadiños de diversión 🎉🎉🎉



E aproveitamos a ocasión para darlle as GRACIAS á profe Paloma por ternos ensinado tan ben neste curso no que comezamos a nosa etapa escolar. Profe Paloma, gracias por acompañarnos nos nosos primeiros pasos 💝 Agardamos que todo che vaia fenomenal o vindeiro curso, pero... non te esquezas de vir a vernos! 😉

... nós a ti xamais te esqueceremos!

Compartir:

sábado, 17 de xuño de 2017

Presentación do CORO ESCOLAR!

O prometido é débeda, e, como sabemos que estabades impacientes... aquí tedes as imaxes da primeirísima actuación do Coro Escolar do CEIP Coutada- Beade, á que os nenos e nenas de Infantil tiveron o pracer de asistir como primeiros invitados!

Grazas de novo!👏👏👏

Agardamos desfrutar de novo convosco 😊

Compartir:

luns, 12 de xuño de 2017

Estrea do coro escolar

Se hai uns días o noso coro se estreaba ante o público infantil do colexio, esta semana están algo máis nerviosos e nerviosas se cabe, pois tócalle o turno ás súas propias familias! 👪👫👬👭

Nós xa vos podemos adiantar que vos encantará. Sen dúbida, tódalas sesións de ensaios ao longo do curso deron o seu resultado.

Parabéns a tódolos alumnos e alumnas que decidiron formar parte desta iniciativa da profe Tere! E parabéns tamén para ela por ter adicado o seu tempo a facer algo tan fermoso.

Agardamos que pronto poidades desfrutar do resultado, manteremos o segredo ata que as familias implicadas reciban a primicia 😉


Compartir:

Simulacro de incendio

Este pasado venres foi un día realmente emocionante no colexio! 

Sabemos que un incendio non é unha broma, pero nesta ocasión estabamos avisados de que un simulacro se levaría a cabo no centro, para completar as accións de renovación do Plan de Autoprotección levadas a cabo neste curso. Aínda que non sabiamos en qué momento nos sorprendería a alarma, estabamos expectantes por saber cómo se desenvolvería todo… e, sabedes qué? Chegado o momento da proba final, OS BOMBEIROS DÉRONNOS OS PARABÉNS!! 
Desaloxamos o colexio en orde nun tempo récord👌

Para nós foi todo un acontecemento, e unha boa maneira de adecuar a nosa actuación na previsión de situacións de risco, porque iso tamén se aprende.


Grazas a todas e todos os implicados!








Compartir:

Día do Medio Ambiente en Samil


O pasado 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e os alumnos e alumnas de 4º e 5º pasaron o día aprendendo e xogando con compañeiros e compañeiras doutros centros vigueses na praia de Samil, grazas á exposición que o Concello habilitou neste espazo para a ocasión.

A xornada levouse a cabo baixo o lema "Conectando á xente coa natureza, dende os polos ata o ecuador" e nela tratáronse temas como o cambio climático e a realidade de diferentes hábitats do planeta sobre os que se plantexaron os problemas máis urxentes e as posibles solucións.


























Compartir:

xoves, 1 de xuño de 2017

Visita de 1º ao Parque de Bombeiros

Qué ben o pasaron os nenos e nenas de 1º hai unhas semanas. E é que, quen non soñou algunha vez con poder ser, entre outras cousas, BOMBEIRO??? E isto déixanos outra pregunta no aire... Soñou alguén con ser BOMBEIRA??? Serán as nenas de 1º as primeiras en facelo??? 😏











Para as e os soñadores de lumes extinguidos, aquí deixamos un bo testimonio do seu día a día:


Compartir: