Sesións musicais na biblioteca da man do profe Bruno, mans unidas nos corredores do cole a través dos bonecos e bonecas que decoramos, murais cheos de mensaxes cargadas de PAZ no hall de 5º e 6º, paraugas que esquivan a violencia, bailes que unen corazóns... Unha celebración coma esta, ben merece unha xuntanza do cole a nivel interclase! Agardamos que a todo o mundo chegue a nosa mensaxe de PAZ☮
sábado, 4 de febreiro de 2017
A Paz na aula de 5 anos.
Cumpreanos Xaneiro 2017
Moitos parabéns para Manuel e Mateo Tojo, Manuel del Río e Xián, que hai uns días celebraron os seus aniversarios na aula de 3, aínda que xa comezamos a soprar o 4!!!🎂
domingo, 15 de xaneiro de 2017
Autrorretratos en 3ºA
Comezamos este novo ano 2017 desexándovos a todos un moi feliz novo ciclo e, como non, amosándovos algúns dos traballos que andamos a realizar no cole.
Aquí podedes ver como os alumnos e alumnas de 3ºA, baseándose na obra e na bibliografía da inspiradora pintora mexicana FRIDA KAHLO, fixeron un taller de autorretrato titulado: Como son eu?
Aquí podedes ver como os alumnos e alumnas de 3ºA, baseándose na obra e na bibliografía da inspiradora pintora mexicana FRIDA KAHLO, fixeron un taller de autorretrato titulado: Como son eu?
Non vos perdades neste artigo algunhas das obras máis representativas desta recoñecida artista: http://culturacolectiva.com/las-mejores-pinturas-de-frida-kahlo/
xoves, 22 de decembro de 2016
BO NADAL, FAMILIAS!
Deixámosvos con algunhas das últimas imaxes deste ano 2016 no noso cole. Foi un día especial e diferente para todas e todos nós, un momento de encontro e convivencia que desfrutamos moito. Pintamos manteis, cantamos panxoliñas, démoslle o toque aos últimos adornos, xogamos, regalamos, regaláronnos... pasámolo pipa!
Así que, agora, só nos queda desexarvos a todos e todas vós un MOI FELIZ NADAL E MELLOR ANO NOVO. Vémonos á volta!
O Nadal na Biblioteca do Moucho
Tralo obradoiro de adornos de Nadal organizado pola Biblioteca do centro, temos que contarvos que isto de facer e recibir regalos sorpresa foi toda unha aventura!
Como xa sabedes, cada neno e cada nena aportou un rollo de cartón que procedemos a pintar ou envolver con papel de cores. Posteriormente, dobramos os cantos do mesmo para convertilo nunha caixiña e atámoslles lazos de cores cos que poder colgalos da árbore. Dentro da caixiña, cada un de nós incluíu algún dos seus mellores desexos para este Nadal e tamén algunha que outra doce sorpresiña...
![]() |
| Arturo e Espe pintando os seus cartóns (e pasando un bo rato!) |
![]() |
| Aprendendo a dobrar e atar as caixiñas coa profe Estefi. |
| Os de 5 anos xa rematamos! |
![]() |
| Os nenos e nenas de 3 xa dispostos a colocar o seu regaliño. |
![]() |
| Momento da recollida... non vale coller o noso! Qué será, será...? |
| 3ºB |
![]() |
| 4ºB |
| A satisfacción do traballo ben feito... Misión cumprida! |
![]() |
| Coa sorpresiña para a casa :) |
E, se quedastes con ganas de máis, non dubidedes en visitar o blogue da Biblioteca, aquí vos deixamos o enlace:
http://bibliobeadeomoucho.blogspot.com.es/
http://bibliobeadeomoucho.blogspot.com.es/
mércores, 21 de decembro de 2016
Máis cumpreanos en Infantil
MOITOS PARABÉNS!!! Os nenos e nenas de Infantil celebraron os cumpreanos de novembro-decembro e queren amosarvos o ben que o pasaron 🎂
Os e as protagonistas: Iker, Asier, Xoana, Lía, Marco, Yanira, Nicolás e Noa C. 💕
Os e as protagonistas: Iker, Asier, Xoana, Lía, Marco, Yanira, Nicolás e Noa C. 💕
Ambientando os corredores de 4º
As aulas de 4º de Primaria fannos chegar algunhas das cousiñas que estiveron traballando durante este 1º trimestre.
Aquí vos deixamos con algún detalle que adicaron nos seus corredores ao Día Universal dos Dereitos da Infancia, celebrado o pasado 20 de Novembro:
Aquí vos deixamos con algún detalle que adicaron nos seus corredores ao Día Universal dos Dereitos da Infancia, celebrado o pasado 20 de Novembro:
Ademais, co gallo do Samaín, na aula de 4ºB aproveitaron o seu recuncho máis terrorífico para ofrecer aos lectores e ás lectoras máis atrevidas toda a súa creatividade narrativa. Aquí algunha mostra (para coñecer máis, pasádevos polos corredores de 4º😉):
Merry Christmas!
Aquí vos deixamos coas nosas obras máis navideñas das clases de Arts.
We wish you a very special Christmas!
E, agora, look how we use our hands!




























