Tiñamos pendente amosarvos un traballo que fixemos no Taller de Estimulación da Linguaxe levado a cabo pola profe Celia na aula de 3 anos. Quen quere xogar?
E, por se queredes continuar, aquí vos deixamos un enlace dun xogo online relacionado co tema:
Este xoves os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos o Auditorio do Concello de Vigo para desfrutar dunha sesión de cine en galego, ofrecida de xeito gratuito polo Servizo de Normalización Lingüística. Tristemente, son escasas as ocasións nas que podemos ver proxeccións en galego, así que, foi toda unha honra aproveitar esta oportunidade e agardamos que sexa a primeira de moitas.
Os nenos e nenas pasárono moi ben e estiveron moi atentos e atentas. A verdade é que foi toda unha sorpresa velos tan entretidos durante toda a sesión!
A película titulábase A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol, aquí podedes ver o tráiler:
E que sorte tivemos... chegamos para as primeiras filas! Aquí estabamos agardando a que se enchera o Auditorio:
Pistoletazo de saída con sorpresa incluída... un tal Abel veunos dar a benvida!
Pero nós o que queriamos era que a peli comezase...
Agora sí, xa podiamos voltar contentos e contentas 😊
Por fin podemos amosarvos un resumo do que foi este Entroido 2017, a desfrutalo!
Moitas grazas a tódalas familias pola colaboración na elaboración dos disfraces 😊 Ah! E, dende aquí, unha mención especial para esa ANPA que mola mazo e, ademais de ocuparse do reparto de chocolate e das orellas, se marcou un meco ben actual e orixinal, noraboa! 👌
*Sabemos que é un vídeo longo, mais para que todos e todas tivesen o seu momento non poidemos reducilo máis. As aulas aparecen dende Educación Infantil ata 6º por orde (tanto nas saídas, como nas actuacións), por se queredes buscar o momento que máis vos interesa 😉
Hello everyone! Are you ready to celebrate St Patrick´s Day? 🍀Hoxe no cole non faltamos á nosa cita coa celebración irlandesa máis internacional. As clases de English xiraron nesta xornada arredor desta festividade, e aquí tedes boa proba do acontecido, cos alumnos e alumnas de 5 anos posando para a ocasión:
Why is green the national color in Ireland?
O turno de 2º de Primaria (á espera de recibir as imaxes):
E para os/as que tedes curiosidade, aquí vos deixamos un vídeo para coñecer algo máis da historia desta celebración, iso sí, teredes que poñer a proba o voso inglés. Bueno, vale... deixámosvos activar os subtítulos (podedes facelo pinchando no botón cadrado de subtítulos baixo a liña de reprodución do vídeo, e, despois, na roda de configuración para seleccionar: subtítulos> tradución automática> español).
And now, let´s play:
What is the name of a famous lighthouse that today is illuminated in green?
Clue: It is located in the beautiful city of A Coruña 😉
We continue with celebrations. This time with the big festival that takes place in Jaipur, India. Do you like our elephants made by aluminum foil (papel de aluminio)? 🐘
Violencia machista, brecha salarial, discriminación... sóbrannos os motivos. Como non podía ser doutro xeito, na xornada de onte o claustro ao completo do CEIP Coutada- Beade sumouse ao parón internacional co que a plataforma arxentina Ni una menosconvocou a todo o planeta para posicionarse en favor do empoderamento feminino, en favor dunha sociedade xusta e igualitaria. Sabemos que non é o traballo dun só día, por iso continuaremos coa nosa loita.
Recén estreado o noso novo comedor, traémosvos recordos da nosa anterior estancia que, dende o luns, quedará para sempre na historia do colexio. Tódolos cambios requiren o seu tempo de adaptación, mais cun equipo así de adicado sempre se afrontará con maior alegría e diversión! Aquí podedes ver a todo o equipo recollendo o premio (por segundo ano consecutivo) á mellor árbore de Nadal:
E, como o seu son as festas, tampouco quixeron faltar á celebración do Entroido:
Moitas grazas a todas por axudarnos nesta importante tarefa!🍴😉
Chéganos novo material dende a aula de Música do cole e estamos impacientes por amosárvolo todo! Comezamos por algunhas das panxoliñas que aprendemos este Nadal:
As
nenas e nenos de 1ºB curso cantan unha panxoliña, titulada
“No
país da
fantasía”:
O
alumnado de 5 anos canta unha panxoliña titulada “Las
bolas de nieve”:
Continuemos agora coa gran novidade deste curso:
Ocoro
do colexio, formado por alumnos de 4º, 5º e 6º cursos, practican
uns exercicios de técnica vocal. Están
progresando adecuadamente e, sobre
todo,
desfrutan cantando.
Non
pensedes
que
é tan doado chegar a ser grandes cantantes.
Con
entusiasmo e esforzo… lograrémolo!!
E, por se quedades con gana de máis, ollade:
As
nenas e nenos de 4ºA bailan “A
danza de
espadas”,
danza popular tamén chamada Foliada
de
Carril.
Non
o fan nada mal!
Poden
seguir
practicando
na
casa…
As
alumnas e alumnos de 1ºA cantan e bailan
“O
esquío preguiceiro":
As
nenas e nenos de 4 anos escoitan activamente, mediante expresión
corporal, “El
ballet de los polluelos”
de Mussorgsky:
Na aula de cinco anos conversamos sobre a necesidade de alimentarnos dunha maneira san, e de aí xurdiu este proxecto sobre a alimentación.
Traballamos a pirámide da alimentación e fixemos unha propia.
Tamén coñecemos ao pintor italiano Achimboldo, e fixemos unhas composicións baseándonos na súa obra.
Documentámonos con bibliografía e, xa por último, rematamos cun taller de cociña, onde as froitas foron as protagonistas. Aquí podedes ver un animado resumo do noso traballo:
A que estamos ben guapas e guapos cos nosos delantais?