O pasado 23 de abril celebramos no cole un dos nosos días favoritos, seguro que xa sabedes cal é...📖 O Equipo de Biblioteca do centro puxo todo o seu empeño para que todo saíse perfecto, e, así foi! Grazas á súa labor, e á colaboración dos titores e titoras, disfrutamos de toda unha semana arredor de contos, poesías, lendas, historietas...
Todo comezou cun mural común no
hall da Biblioteca:
E isto acompañouse duns patios enriquecidos con contos e máis contos...
 |
| As e os axudantes de Infantil tamén disfrutaron dunha doce volta aos contos... 😉 |
Por suposto, tamén acompañamos a semana dunhas sesións de contacontos ben familiares (Moitas gracias a esas mamis que se animaron!👏👏)
Tamén aproveitamos a ocasión para entregar os premios aos gañadores e gañadoras do certame de Poesía:
Pero, sen dúbida, o momento estrela de toda esta festividade agardábanos o xoves á volta do recreo, cando poidemos saír ao patio cos nosos padriños e madriñas lectoras 😍
(*Se non vos arranca o vídeo, pinchade no título do mesmo para abrir o enlace)