Andy Warhol was a successful illustrator who became a leading artist of the 1960s Pop art movements. Our students have done their own version of his work.
venres, 25 de maio de 2018
luns, 26 de febreiro de 2018
Día de Rosalía
O 24 de febreiro, co gallo da conmemoración do
nacemento da poeta, quixermos homenaxeala no noso centro. Polos corredores
expuxemos pequenas mostras da súa obra para que toda a comunidade educativa poida desfrutar das súas
fermosas palabras.
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Día da Paz e da Non Violencia 2018
Con motivo da celebración do Día da Paz (30 de xaneiro) o alumnado do centro realizou os seguintes carteis con lemas para promover unha boa convivencia, tanto dentro do centro escolar como fóra. Esperamos que vos gusten.
xoves, 28 de decembro de 2017
BO NADAL DENDE O COMEDOR ESCOLAR!
Nesta ocasión, utilizaremos a modo de postal navideña a fermosa decoración elaborada polas monitoras e os nenos e nenas que asisten ao comedor do centro. Quizais vos sone de algo, pois está inspirada no marabilloso libro infantil A mellor sopa do mundo, de Susanna Isern e Mar Ferrero.
Parabéns por este traballo tan bonito e moita sorte para o concurso compañeiras!!!😉
Parabéns por este traballo tan bonito e moita sorte para o concurso compañeiras!!!😉
mércores, 20 de decembro de 2017
xoves, 30 de novembro de 2017
Día dos Músicos e das Músicas
A pasada semana, o día 22 de novembro, día de Santa Icía, quixemos celebrar cos nenos e nenas de Primaria e Infantil o DÍA DOS MÚSICOS E DAS MÚSICAS. Para iso, os nenos e nenas de 3º visitaron as aulas de Infantil, para facerlles aos máis cativos e cativas un regalo musical.
![]() |
| Un público do máis atento! |
O que non sabían os maiores é que ese regalo ía ser correspondido:
Moitas grazas a tódol@s pequen@s músic@s que habitan o noso cole 😏
BLOGUE "O MOUCHO"
Informámosvos de que a Biblio do cole ten en funcionamento un blogue propio no que irán compartindo tódalas actividades e celebracións que dende ela se programan. Deixámosvos o enlace ao mesmo por aquí, para que non perdades detalle:
mércores, 29 de novembro de 2017
Mostra de Música Tradicional con PELEPAU
Por fin estamos de volta familias!!! Tardamos en reaparecer por estes lares, mais queremos facelo por todo o alto traéndovos un vídeo dunha das nosas primeiras festas deste novo curso.
Foi alá polo mes de outubro cando algún dos membros do grupo vigués PELEPAU viñeron amosarnos de que ía iso da música tradicional. E gustounos! Vaia se nos gustou... encantounos!
E, sabedes que?, que para aqueles e aquelas que desexan continuar aprendendo e trouleando, temos unha actividade no colexio tódolos sábados - xestionada pola nosa incombustible ANPA- na que estaremos encantados de recibir a nenos e nenas, avós e avoas, pais e nais, primos e primas, veciños e veciñas, padriños e madriñas, amigos e amigas... se nos poñemos ata lle ensinamos ao can a tocar a pandeireta! A ver qué... vides troulear ao Coutada??? 😎🎶