xoves, 25 de outubro de 2018
sábado, 20 de outubro de 2018
Inauguración da biblioteca "O Moucho" 18/19
Este curso a presentación da nosa biblioteca foi todo un éxito, os contacontos gustáron moito a tod@s @s nen@s.
"O Moucho" está ambientado na temática do noso proxecto de centro: "O bosque". Ao longo do curso iránse creando unha chea de actividades centradas na lectura de contos de fragas, bosques, flora e fauna dos bosques...
E Infantil
1º e 2º Primaria
3º e 4º Primaria
5º e 6º Primaria
mércores, 17 de outubro de 2018
As abellas
Aquí están @s nen@s de cinco anos tratando o proxecto das abellas que traballarán ao longo deste curso.
martes, 2 de outubro de 2018
O noso horto escolar. Rico rico!
A volta de vacacións os alumnos de E.Infantil estiveron recollendo parte da colleita do curso anterior. E tiveron moita sorte porque tiña todo moi boa pinta. Que terá a terra de Beade para que dea tan boas colleitas!
venres, 28 de setembro de 2018
Xa estamos de volta!
Ola, benvidos/as ao curso 2018-2019.
Na volta ao cole os/as nenos/as do CEIP Coutada Beade empezaron a facer: retratos, debuxos, murais, contacontos, proxectos, etc.
Ímosvos mostrar uns poucos...
Na volta ao cole os/as nenos/as do CEIP Coutada Beade empezaron a facer: retratos, debuxos, murais, contacontos, proxectos, etc.
Ímosvos mostrar uns poucos...
sábado, 7 de xullo de 2018
O paso a Primaria.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos nenos e nenas de Infantil descubrindo da man dos mellores anfitrións e anfitrioas cómo se presentará o novo curso.
venres, 25 de maio de 2018
Andy Warhol
Andy Warhol was a successful illustrator who became a leading artist of the 1960s Pop art movements. Our students have done their own version of his work.
luns, 26 de febreiro de 2018
Día de Rosalía
O 24 de febreiro, co gallo da conmemoración do
nacemento da poeta, quixermos homenaxeala no noso centro. Polos corredores
expuxemos pequenas mostras da súa obra para que toda a comunidade educativa poida desfrutar das súas
fermosas palabras.



















