Este mes as clases de 5º e 6º foron de viaxe á Coruña aproveitando que foi a semana das ciencias para visitar os museos científicos da Coruña. Nesta excursión visitaron aos tres museos: Casa dos peixes, Domus e Casa das ciencias.
luns, 26 de novembro de 2018
xoves, 8 de novembro de 2018
Degustación produtos de outono
Na clase de tres anos fixeron unha degustación de produtos de outono como kiwis, noces, laranxas...
Os nenos e nenas de 4 anos degustaron "fritas" e produtos típicos do outono como kakis, abelás, noces. améndoas, granadas e mel...
Exposición "Terras de Salitre"
Os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria estiveron na Fundación vendo a exposición Terras de Salitre. Recibiron información sobre a contaminación do noso planeta e a forma de axudar a evitala desde pequenos. Tamén fixeron uns murais moi bonitos de fondos mariños.
xoves, 1 de novembro de 2018
Infantil no museo Liste
Os nen@s de 4 e 5 anos visitamos o museo Liste onde nos explicaron a orixe do Samaín. Gustounos moito a visita e o pasamos moi ben...
Inicio do Plan Proxecta sobre "Os Bosques"
O curso comezou con multitude de actividades que xiran en torno ao tema dos bosques. Este ano traballarase en proxectos similares, e para iso iniciouse un Plan Proxecta que xira en torno a "Paisaxe e a Sutentabilidade". A idea é investigar, coñecer as características do noso bosque e involucrar ao noso alumnado na defensa da nosa contorna. Aquí mostramos algunhas fotos da nosa investigación.



























































