venres, 5 de abril de 2019

Viaxe a Santiago de Compostela

Onte @s alumn@ de 6º fomos visitar Santiago de Compostela. Vimos a Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego, a Cidade da Cultura e fixemos unha visita panorámica en bus pola cidade.
Na Catedral de Santiago fomos darlle un abrazo á escultura de Santiago Apóstol e vimos o seu sepulcro. Logo visitamos os arredores da catedral: a praza do Obradoiro, a da Quintana, a das Praterías e a da Acibechería.
De camiño ao Museo do Pobo Galego contemplamos a beleza do casco histórico de Santiago. Xa no museo vimos cuadros e reliquias do patrimonio cultural galego e no convento de San Domingos de Bonaval vimos os sepulcros de Rosalía de Castro e de Castelao entre outros.
Para rematar fomos á Cidade da Cultura e vimos o seu museo e unha exposición sobre a historia do fútbol galego. Foi unha experiencia enriquecedora!









































Compartir:

Saída de Infantil ao Museo do Mar

Pero qué ben o pasamos e cantas cousas aprendemos coa nosa visita ao Museo do Mar! Ata poidemos ter nas nosas propias mans a mandíbula dun tiburón. Sabiades que se perden un dente, outro aparecerá no seu lugar de xeito constante? E que a especie tiburón balea pode medir ata 12 metros de lonxitude? Quedamos impresionados!

Sen dúbida, esta foi unha forma ben divertida de descubrir o mundo mariño.





























Compartir:

luns, 1 de abril de 2019