Grazas a policía local de Vigo o alumnado de sexto de Primaria puido recibir unhas indicacións moi importatntes para mellorar a educación viaria dos ciclistas e dos peóns. Para iso recibiron cursos tanto téoricos como prácticos no que puideron amosar os seus coñecementos e as súas destrezas no manexo da bicicleta.
martes, 30 de abril de 2019
Visita do escritor Xoan Babarro González
O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria tivo a sorte de contar coa visita do escritor galego Xoan Babarro González. Despois de ler algúns dos seus libros puideron dirixirse directamente a Xoan Babarro González para amosar a súa admiración por un autor tan importante na literatura infanto-xuvenil galega.
Aliméntate ben!
Os gañadores do concurso "Aliméntate ben!" foron @s alumn@s de sexto A de Educación Primaria, noraboa por este premio.


















































































