Os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria estiveron na Fundación vendo a exposición Terras de Salitre. Recibiron información sobre a contaminación do noso planeta e a forma de axudar a evitala desde pequenos. Tamén fixeron uns murais moi bonitos de fondos mariños.
O curso comezou con multitude de actividades que xiran en torno ao tema dos bosques. Este ano traballarase en proxectos similares, e para iso iniciouse un Plan Proxecta que xira en torno a "Paisaxe e a Sutentabilidade". A idea é investigar, coñecer as características do noso bosque e involucrar ao noso alumnado na defensa da nosa contorna. Aquí mostramos algunhas fotos da nosa investigación.
Os alumn@s de 5º de EP visitaron un bosque autóctono considerado o primeiro Parque Natural de Galicia. É o resultado dunha exótica repoboación realizada hai cen anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano.