venres, 10 de febreiro de 2017

A cara feminina da música.

Dentro do programa "Música na Escola", impulsado pola concellería de Educación de Vigo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º poideron disfrutar hai unhas semanas dun concerto didáctico no Auditorio Mar de Vigo.

Coa temática "A cara feminina da música", a Escola Municipal de Música amosou o seu bo facer con diversas formacións instrumentais coas que transmitiron aos nenos e nenas o valor da obra musical de varias compositoras e intérpretes de diferentes épocas da historia: Barbara Strozzi (compositora e cantante soprano italiana do s. XVII), Clara Schumann (pianista e compositora alemana do s. XIX), Billie Holyday (unha das máis grandes voces do jazz estadounidense, do s. XX); e, como figuras máis actuais: Sinead O´Connor (cantante e compositora irlandesa), Amy Winehouse (cantante inglesa de soul) e Mercedes Peón (cantante e instrumentista galega).





Trala sesión musical, levouse a cabo na aula un traballo de reflexión que quedou plasmado nun mural común no que cada alumno e alumna compartiron os seus gustos e preferencias. Como veredes, na variedade está o gusto!






E para rematar, que mellor que un pouco de música? Deixámosvos na nosa canle de Youtube unha lista de reprodución con obras das artistas interpretadas no concerto. Desfrutádea!👌


Compartir:

Tales in Arts

Novas creacións en Arts! Desta vez, os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB elixiron os seus contos favoritos e escolleron o material para realizar as súas obras: water colors, plasticine and wax crayons.

Seguro que adiviñades os personaxes!







Compartir:

sábado, 4 de febreiro de 2017

Día da Paz 2017

Sesións musicais na biblioteca da man do profe Bruno, mans unidas nos corredores do cole a través dos bonecos e bonecas que decoramos, murais cheos de mensaxes cargadas de PAZ no hall de 5º e 6º, paraugas que esquivan a violencia, bailes que unen corazóns... Unha celebración coma esta, ben merece unha xuntanza do cole a nivel interclase! Agardamos que a todo o mundo chegue a nosa mensaxe de PAZ☮



O noso especial agradecemento ao Equipo de Biblioteca do centro e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares pola organización desta Semana da Paz. Bo traballo!





Compartir:

domingo, 15 de xaneiro de 2017

Autrorretratos en 3ºA

Comezamos este novo ano 2017 desexándovos a todos un moi feliz novo ciclo e, como non,  amosándovos algúns dos traballos que andamos a realizar no cole. 

Aquí podedes ver como os alumnos e alumnas de 3ºA, baseándose na obra e na bibliografía da inspiradora pintora mexicana FRIDA KAHLO, fixeron un taller de autorretrato titulado: Como son eu?



Non vos perdades neste artigo algunhas das obras máis representativas desta recoñecida artista: http://culturacolectiva.com/las-mejores-pinturas-de-frida-kahlo/




Compartir:

xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL, FAMILIAS!


Deixámosvos con algunhas das últimas imaxes deste ano 2016 no noso cole. Foi un día especial e diferente para todas e todos nós, un momento de encontro e convivencia que desfrutamos moito. Pintamos manteis, cantamos panxoliñas, démoslle o toque aos últimos adornos, xogamos, regalamos, regaláronnos... pasámolo pipa!

Así que, agora, só nos queda desexarvos a todos e todas vós un MOI FELIZ NADAL E MELLOR ANO NOVO. Vémonos á volta!



Compartir:

O Nadal na Biblioteca do Moucho

Tralo obradoiro de adornos de Nadal organizado pola Biblioteca do centro, temos que contarvos que isto de facer e recibir regalos sorpresa foi toda unha aventura!

Como xa sabedes, cada neno e cada nena aportou un rollo de cartón que procedemos a pintar ou envolver con papel de cores. Posteriormente, dobramos os cantos do mesmo para convertilo nunha caixiña e atámoslles lazos de cores cos que poder colgalos da árbore. Dentro da caixiña, cada un de nós incluíu algún dos seus mellores desexos para este Nadal e tamén algunha que outra doce sorpresiña... 

Arturo e Espe pintando os seus cartóns (e pasando un bo rato!)

Aprendendo a dobrar e atar as caixiñas coa profe Estefi.

Os de 5 anos xa rematamos!

Os nenos e nenas de 3 xa dispostos a colocar o seu regaliño.



Momento da recollida... non vale coller o noso! Qué será, será...?

3ºB

4ºB

A satisfacción do traballo ben feito... Misión cumprida!

Coa sorpresiña para a casa :)
E, se quedastes con ganas de máis, non dubidedes en visitar o blogue da Biblioteca, aquí vos deixamos o enlace:

http://bibliobeadeomoucho.blogspot.com.es/
Compartir:

mércores, 21 de decembro de 2016