xoves, 9 de marzo de 2017

8M Día Internacional da Muller

Violencia machista, brecha salarial, discriminación... sóbrannos os motivos. Como non podía ser doutro xeito, na xornada de onte o claustro ao completo do CEIP Coutada- Beade sumouse ao parón internacional co que a plataforma arxentina Ni una menos convocou a todo o planeta para posicionarse en favor do empoderamento feminino, en favor dunha sociedade xusta e igualitaria

Sabemos que non é o traballo dun só día, por iso continuaremos coa nosa loita.






Compartir:

Un comedor ben animado.

Recén estreado o noso novo comedor, traémosvos recordos da nosa anterior estancia que, dende o luns, quedará para sempre na historia do colexio. Tódolos cambios requiren o seu tempo de adaptación, mais cun equipo así de adicado sempre se afrontará con maior alegría e diversión! 

Aquí podedes ver a todo o equipo recollendo o premio (por segundo ano consecutivo) á mellor árbore de Nadal:




E, como o seu son as festas, tampouco quixeron faltar á celebración do Entroido:



Moitas grazas a todas por axudarnos nesta importante tarefa!🍴😉



Compartir:

xoves, 2 de marzo de 2017

Recompilación musical!

Chéganos novo material dende a aula de Música do cole e estamos impacientes por amosárvolo todo! 

Comezamos por algunhas das panxoliñas que aprendemos este Nadal:

As nenas e nenos de 1ºB curso cantan unha panxoliña, titulada “No país da fantasía:

O alumnado de 5 anos canta unha panxoliña titulada Las bolas de nieve:

Continuemos agora coa gran novidade deste curso:
O coro do colexio, formado por alumnos de 4º, 5º e 6º cursos, practican uns exercicios de técnica vocal. Están progresando adecuadamente e, sobre todo, desfrutan cantando. Non pensedes que é tan doado chegar a ser grandes cantantes. Con entusiasmo e esforzo… lograrémolo!!

E, por se quedades con gana de máis, ollade:
As nenas e nenos de 4ºA bailan “A danza de espadas”, danza popular tamén chamada Foliada de Carril. Non o fan nada mal! Poden seguir practicando na casa…

As alumnas e alumnos de 1ºA cantan e bailan “O esquío preguiceiro":

As nenas e nenos de 4 anos escoitan activamente, mediante expresión corporal,  El ballet de los polluelos de Mussorgsky:

Compartir:

A alimentación, novo proxecto en 5 anos.


Na aula de cinco anos conversamos sobre a necesidade de alimentarnos dunha maneira san, e de aí xurdiu este proxecto sobre a alimentación.
Traballamos a pirámide da alimentación e fixemos unha propia.
Tamén coñecemos ao pintor italiano Achimboldo, e fixemos unhas composicións baseándonos na súa obra.
Documentámonos con bibliografía e, xa por último, rematamos cun taller de cociña, onde as froitas foron as protagonistas.

Aquí podedes ver un animado resumo do noso traballo:





A que estamos ben guapas e guapos cos nosos delantais?


Compartir:

venres, 10 de febreiro de 2017

A cara feminina da música.

Dentro do programa "Música na Escola", impulsado pola concellería de Educación de Vigo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º poideron disfrutar hai unhas semanas dun concerto didáctico no Auditorio Mar de Vigo.

Coa temática "A cara feminina da música", a Escola Municipal de Música amosou o seu bo facer con diversas formacións instrumentais coas que transmitiron aos nenos e nenas o valor da obra musical de varias compositoras e intérpretes de diferentes épocas da historia: Barbara Strozzi (compositora e cantante soprano italiana do s. XVII), Clara Schumann (pianista e compositora alemana do s. XIX), Billie Holyday (unha das máis grandes voces do jazz estadounidense, do s. XX); e, como figuras máis actuais: Sinead O´Connor (cantante e compositora irlandesa), Amy Winehouse (cantante inglesa de soul) e Mercedes Peón (cantante e instrumentista galega).





Trala sesión musical, levouse a cabo na aula un traballo de reflexión que quedou plasmado nun mural común no que cada alumno e alumna compartiron os seus gustos e preferencias. Como veredes, na variedade está o gusto!






E para rematar, que mellor que un pouco de música? Deixámosvos na nosa canle de Youtube unha lista de reprodución con obras das artistas interpretadas no concerto. Desfrutádea!👌


Compartir:

Tales in Arts

Novas creacións en Arts! Desta vez, os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB elixiron os seus contos favoritos e escolleron o material para realizar as súas obras: water colors, plasticine and wax crayons.

Seguro que adiviñades os personaxes!







Compartir:

sábado, 4 de febreiro de 2017

Día da Paz 2017

Sesións musicais na biblioteca da man do profe Bruno, mans unidas nos corredores do cole a través dos bonecos e bonecas que decoramos, murais cheos de mensaxes cargadas de PAZ no hall de 5º e 6º, paraugas que esquivan a violencia, bailes que unen corazóns... Unha celebración coma esta, ben merece unha xuntanza do cole a nivel interclase! Agardamos que a todo o mundo chegue a nosa mensaxe de PAZ☮



O noso especial agradecemento ao Equipo de Biblioteca do centro e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares pola organización desta Semana da Paz. Bo traballo!





Compartir: