venres, 21 de outubro de 2016

A Biblioteca abre as súas portas de novo!!


No cole de Beade non podemos estar máis contentas e contentos! Este mércores abriu as súas portas o espazo máis máxico do centro: a Biblioteca do Moucho. Mirade cómo quedaron os espazos trala súa reorganización:







Para celebrar este gran acontecemento, realizáronse actividades festivas ao longo de toda a mañá, nas que todas as nenas e nenos do cole desfrutaron de novas historias coas que, ao mesmo tempo, recordaron as principais normas para o correcto funcionamento deste espazo; sacar o mellor proveito del está nas mans (ben limpiñas) de todas e todos nós!

















Aquí vos deixamos os vídeos proxectados para que poidades velos tamén na casa. Son de visionado aconsellado, algún deles realmente fermoso, botádelle un ollo:












Así que, xa sabedes! A desfrutar das novas lecturas e, ben atentas e atentos todos, que, en breves, chegarán instrucións sobre o novo proxecto da Biblio...



Compartir:

"Esquematizando" en 3ºA

Despois de traballar de xeito máis interactivo na pizarra dixital, as nenas e nenos de 3ºB estamos a profundizar nas técnicas de estudo, que nos axudarán moito no presente e no futuro. 

Aprender a facer esquemas é clave para aprender a sintetizar e interiorizar de xeito máis sinxelo a información; por iso o profe José Luis nos axuda a entender os pasos necesarios para sacarlles máis proveito.













Aquí vos deixamos cun vídeo-axuda:



Compartir:

luns, 17 de outubro de 2016

xoves, 13 de outubro de 2016

Orientándonos co compás.

As nenas e nenos de 2º non paramos. Aquí podedes ver a explicación de Iago, que nos amosou como construíu o seu compás artesanal:


Aquí vos deixamos coas instrucións, para que todas e todos poidades experimentar na casa:


Compartir:

mércores, 12 de outubro de 2016