venres, 21 de outubro de 2016

A Biblioteca abre as súas portas de novo!!


No cole de Beade non podemos estar máis contentas e contentos! Este mércores abriu as súas portas o espazo máis máxico do centro: a Biblioteca do Moucho. Mirade cómo quedaron os espazos trala súa reorganización:







Para celebrar este gran acontecemento, realizáronse actividades festivas ao longo de toda a mañá, nas que todas as nenas e nenos do cole desfrutaron de novas historias coas que, ao mesmo tempo, recordaron as principais normas para o correcto funcionamento deste espazo; sacar o mellor proveito del está nas mans (ben limpiñas) de todas e todos nós!

















Aquí vos deixamos os vídeos proxectados para que poidades velos tamén na casa. Son de visionado aconsellado, algún deles realmente fermoso, botádelle un ollo:












Así que, xa sabedes! A desfrutar das novas lecturas e, ben atentas e atentos todos, que, en breves, chegarán instrucións sobre o novo proxecto da Biblio...



Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario