xoves, 27 de outubro de 2016

Felices cumpreanos!!

Este xoves, na aula de 4 anos, pasámolo pipa! Despois de traballar un pouco coas formas xeométricas, aprender novos xogos na clase do profe Moisés, percorrer kilómetros arriba e abaixo na pista do recreo e innumerables viaxes ao baño... por fin chegaron os cumpreanos do mes de outubro!!! 

Canto nos gustou esa torta de chocolate!!! Mmmmmm... Pero nada como rematar a festa rachada no areeiro, grazas Sol por acompañarnos :)


MOITOS PARABÉNS DANIELA, ESPERANZA, EDGAR E XOEL!!! 








Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario