sábado, 1 de outubro de 2016

Comezando o curso na aula de 4 anos.

Xa hai días que queríamos contarvos que estamos encantados coa volta ao cole!!! Todas e todos estabamos un pouco nerviosos por iso da volta á rutina, separarnos das nosas familias de novo... non imaxinábamos que todo ía ser "coser e cantar"!
En realidade, estamos moi felices de poder xogar de novo cos nosos compis, de comezar unha nova viaxe xuntos e de ver canto cambiamos nestas vacacións, nas que xa todas e todos nos achegamos aos 4 anos.
Aquí podedes ver cómo nos atopamos ante o espello no mes de setembro. En xuño comprobaremos de novo como o tempo pasou por nós, pero iso xa é outra historia...











Non nos perdades a pista, estaremos encantados de contarvos o que pasa na nosa clase!






Compartir:

0 comentarios:

Publicar un comentario