venres, 18 de novembro de 2016

Os medos de Infantil

Nas aulas de Infantil estivemos levando a cabo un pequeno proxecto sobre os medos. Aquí vos deixamos cunha mostra do mural correspondente. Nel podedes ver como os nenos e as nenas de 5 anos debuxaron as súas personaxes terroríficas. Na aula de 4 anos aprendemos a converter en monstros manchas baleiras, trazadas en negro sobre un folio en branco. Os nenos e as nenas de 3 anos decantáronse por uns aleteos ao ritmo dos morcegos 😊












Aquí podedes ver como na clase de 3 anos andiveron a conxurar -docemente- para borrar todos eses medos que nos paralizan:






Tamén vos deixamos coas reflexións da aula de 4 anos arredor dos MONSTROS, tema no que decidimos afondar trala lectura dun dos nosos contos favoritos Onde viven os monstros, do xenio Maurice Sendak (moitas grazas a Isa por deixárnolo tantos días!😗)


Os monstros- 1ª sesión na aula de 4 anos from Fanaiah

E, como o tema deu moito de sí, tras buscar recursos na Internet, estamos en proceso de elaboración dun divertidísimo xogo co que, ademais de pasar un bo rato, afianzaremos o coñecemento dos números. Cando o teñamos rematado, amosarémolo na revista e, se vos portades ben, poida que ata vos deixemos xogar! 😀 Aquí un adianto do proceso...



Deixámosvos agora cun vídeo animado do conto que o provocou todo, desfrutádeo:






Compartir:

Xogamos a contar medos

Con estas terroríficas páxinas, nas que cada aula do cole aportou parte da súa creatividade, o Equipo de Biblioteca elaborará un libro no que se recollerán algúns dos nosos medos. En breves, á vosa disposición nos nosos andeis 😉

portada

O Lobo, aula de 3 anos
Os monstros, aula de 4 anos


Os esqueletos, aula de 5 anos

As bruxas, aula de 1ºA

aula de 1ºB

aula de 2º

Frankenstein, aula de 3ºA

Drácula, aula de 3ºB

aula de 4ºA

A pantasma, aula de 4ºB

aula de 5ºA

A Santa Compaña, aula de 5ºB

Unha historia de medo, aula de 6ºA


O demo, aula de 6ºB



Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación nesta proposta da Biblioteca!


Compartir:

xoves, 10 de novembro de 2016

sábado, 5 de novembro de 2016

SAMAÍN

Unha vez máis, moitas grazas a tódalas familias que vos animastes a participar na recuperación desta tradición! Sen vós non sería igual.

Como poderedes ver no seguinte documento, en Infantil pasámolo en grande!




E en Primaria tampouco nos quedamos coas ganas!



E aquí temos aos gañadores e gañadora do concurso de cabazas. Parabéns!


Ata o ano que vén, cabaciñas!


Compartir:

Contos solidarios con Bea Campos e Davide González

Este venres, as nenas e nenos de Infantil pasámolo en grande no colexio. Ademais de celebrar o Samaín, a primeira hora da mañá recibimos, cos brazos e as orellas ben abertas, á nosa benquerida Bea Campos e ao inigualable Davide González, que viñeron a contarnos unhas fermosas historias grazas á nosa participación no Programa Impórtanos.

Trátase dunha iniciativa promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, un órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Política Social. 

Aquí vos deixamos o enlace á súa páxina para que poidades coñecer máis a fondo o proxecto: http://www.importanos.org/anosapegada/

E aquí vos deixamos cuns pedaciños de maxia recén exprimidos a esta mañá de venres:




Compartir:

venres, 4 de novembro de 2016